Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A lamprea leva a festa a Arbo

    orquesta-los-satelites-2010-cartel-de-facebookLos Satélites abren hoxe a Festa da Lamprea en Arbo

    Chega a L edición da Festa da lamprea, en Arbo. Nesta celebración de medio século de existencia hai que facer unha festa un tanto especial. Unha combinación de gastronomía (serviranse 20.000 racións de lamprea cociñada de diferentes formas) e festa (actuarán varias das mellores orquestras de baile do momento e haberá un concerto folk e outro pop entre outras actividades) que convidará a xente a que se achegue estes días ao concello pontevedrés para exaltar o seu produto típico: a lamprea.

    Cociñaranse durante as festas 7.000 unidades que darán unhas 20.000 racións en diferentes presentacións culinarias. E no apartado musical, á parte do concerto folk de TREIXADURA e a actuación o domingo de MANUEL CARRASCO, unha selección de orquestras de baile para garantir unha verbena á altura da celebración: LOS SATÉLITES (que abren hoxe as festas), CAPITOL e SINTONÍA DE VIGO para a noite do sábado e JERUSALÉN para cerrar o domingo xunto co concerto de Carrasco.

    A Festa da Lamprea de Arbo está declarada de Interese Turístico, e desta volta cumpre nada máis e nada menos que medio século.

    PROGRAMA COMPLETO DA FESTA DA LAMPREA 2010

    VENRES 23 DE ABRIL

    17:00 - Pasacalles coa charanga ''OS DO CONDADO'' 17:30 - Inauguración oficial de ''ARBOMOSTRA 2010'' 18:00 - Entrega de premios "Vila de Arbo" na Casa do Concello. 18:30 - Apertura da exposición 2010 con horarios de 12:00 a 14:00 e pola tarde de 18:00 a 21hrs. 22:00 - Gran verbena amenizada pola orquestra LOS SATÉLITES e o Grupo folk TREIXADURA

    SÁBADO 24 DE ABRIL

    11:00 - Pasacalles a cargo da Banda de gaitas da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA cun concerto ás 12:00 na praza consistorial 11:00 a 22:00 Visitas a ARBOMOSTRA 12:30 - Recepción de autoridades 13:00 - Pregón 17:30 - Pasacalles coa charanga Apeles 19:00 - Pasacalles e concerto coa banda de música ESCOLA NAVAL MILITAR DE MARÍN no auditorio do centro multiusos 22:00 - Verbena coas orquestras CAPITOL e SINTONÍA DE VIGO na praza consistorial e discoteca SPACE MUSIC na praza do Mercado.

    DOMINGO 25 DE ABRIL

    11:00 - Pasacalles e concerto coa banda de música provincial de Rubiós 11:00 a 22:00 - Visitas a ARBOMOSTRA 12:00 - Pasacalles coa "Fanfarra'' dos bombeiros voluntarios de Melsao 12:00 - Actuación folclórica cun grupo na festa. 17:00 - Pasacalles a cargo da charanga ''AIR JALISIA'' 18:00 - Pasacalles e concerto no auditorio do Centro de multiusos pola banda municipal de Rubiós 21:00 - Verbena amenizada pola orquestra JERUSALÉN na praza do Mercado e seguidamente concerto de MANUEL CARRASCO na praza do consistorio. Haberá unha gran tirada de fogos artificiais á media noite a cargo de PIROTÉCNICA LA GALLEGA

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook