Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A lamprea de Pontecesures, de festa esta fin de semana

    Pontecesures 2011 - Festa da lamprea - cartelA Festa da Lamprea leva máis de quince anos facéndose ininterrompidamente en Pontecesures

    Un ano máis Pontecesures ofrece a súa exitosa Festa da Lamprea. Unha edición máis na que non faltarán diversas actividades lúdico-festivas, degustación do produto e verbena. Concretamente na xornada do día 10 actuará a afamada orquestra coruñesa LOS SATÉLITES.

    Para estar informado sobre todo o que acontecerá nos próximos días en Pontecesures, se tes a oportunidade de sintonizar Radio Valga (107.4 FM), hoxe no programa de Daniel Seijas, PALCO DE ESTRELAS a partir das 22h., estarán presentes en directo nos estudios a alcaldesa de Pontecesures, Dona María Isabel Castro Barreiro e o 2º tenente alcalde e concelleiro de relacións institucionais, Don Luis Sabariz Rolán, para falar da celebración gastronómica anual máis famosa de Pontecesures.

    O prestixioso actor e monologuista Carlos Blanco será o pregoeiro da XVI Edición da Festa da Lamprea. O pregón será lido no espazo portuario sobre as 13 horas do día 10 de abril. Por outra banda, na tarde do día 9 terá lugar unha nova edición do concurso gastronómico de empanadas de lamprea que se vai consolidando na comarca. A lamprea en empanada é un exquisito plato da cociña galega que se quere potenciar na festa. Pero non só en empanada se vai poder degustar a lamprea, senón tamén "á bordelesa" (co seu propio sangue), con arroz en branco e picatostes; e tamén en pinchos.

    Cun prato como a lamprea e música de primeira liña da man de LOS SATÉLITES, un ano máis o éxito da Festa da Lamprea de Pontecesures está asegurado.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook