Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Febrero
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Jerusalén máis solidaria

    Orquesta Jerusalén 2013 - Carretera y baile'Carretera y baile' é o título da nova temporada da orquestra Jerusalén

    E xa van sete anos desde que a orquestra JERUSALÉN comezara a colaborar desinteresadamente coa Fundación EDES. Esta fin de semana, na noite do sábado, levarase a cabo a cea benéfica e baile coa afamada orquestra pontevedresa. Un ano máis, a banda de Jorge Menéndez volve colaborar desinteresadamente coa Fundación asturiana con sede en Castropol.

    EDES mantén un colexio con nenos e nenas con discapacidade psíquica e cada ano organiza un festival para recadar fondos para a causa. Aínda que o colexio está en terras asturianas son moitos os nenos galegos que están inscritos a este centro e para eles a orquestra JERUSALÉN é case da familia, pois xa van sete anos consecutivos nos que a banda acode desinteresadamente á convocatoria de EDES.

    Será a de JERUSALÉN unha actuación con 45 minutos de baile cos temas máis bailados na temporada, e unha última media hora dedicada especialmente aos nenos. Ademais, o propio Jorge Menéndez escribiu e arranxou unha canción para os nenos de EDES baixo o título Todo corazón, que pretende formar parte dun futuro CD que será gravado especificamente para a fundación.

    A cita é no Recinto Ferial de Vegadeo, con capacidade para 1200 persoas aproximadamente e de seguro que quedará pequeno ante un evento ao que cada ano acoden máis persoas.

    En semanas a orquestra JERUSALÉN presentará a súa nova xira 2013 baixo o título Carretera y baile, con voz feminina nova e repertorio actualizado. Ademais, a orquestra pontevedresa sacará novo CD despois do éxito do anterior saído en 2012, que tivo moi bo recibimento e que aínda está á venda.

    JERUSALÉN está disposta a cerrar unha temporada polo menos tan boa como a anterior, na que celebraba o seu X aniversario. Repertorio dirixido a todos os públicos e un plantel de músicos extraordinario son as principais bazas do éxito da JERU, unha orquestra que con esforzo e paso a paso se vai posicionando en postos destacados en cada temporada.

    Orquesta Jerusalén 2013 - Festival benéfico Fundación EDES - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook