Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Octubre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A ilusión de Miluchi

    Grupo Ilusión 2013 - Miluchi

    Miluchi, cantante e propietaria do grupo vigués Ilusión, actúa no Luar da TVG

    Miluchi, do grupo ILUSIÓN, actúa no Luar da TVG no concurso Recantos

    VOTACIÓN AO NÚMERO DE TELÉFONO QUE APARECERÁ EN PANTALLA NO MOMENTO DA ACTUACIÓN

    Miluchi, cantante e propietaria do Grupo ILUSIÓN de Vigo, actuará este próximo venres 18 de outubro no programa Luar da Televisión de Galicia, dentro do concurso Recantos. O tema que interpretará será Mi jaca, de Estrellita Castro, pero adaptado ao galego. 

    O Grupo ILUSIÓN saíu ó panorama musical un 31 de decembro de 2007, nunha actuación de fin de ano. A formación inicial estaba formada por 6 compoñentes (2 voces femininas, 1 voz masculina, baterista e 2 teclistas. Todo isto nun escenario ríxido e cun repertorio prácticamente de música de baile e baixo a man da oficina de espectáculos Sito Mariño. No ano seguinte, dos 6 compoñentes entrou un baixista e quedou un só teclista e incorporaron ademais un técnico de son. En 2010, houbo un cambio importante de compoñentes, entrando novas voces e músicos e facendo unha pequena reforma no escenario cambiando a montaxe e modernizando o repertorio con temas novos.

    En 2011 entran a formar parte da oficina de Espectáculos Alvar e fan unha gran reforma tanto en montaxe coma en repertorio, adaptandoo a todo tipo de festas e idades. Nos compoñentes incorporan un guitarra no lugar do baixo e ademais un técnico de luces e vídeo, sendo xa o grupo de 8 compoñentes en total.

    En 2012, entran na oficina de Lugonorte de Espéctaculos sen cambios nos compoñentes e afianzándose no panorama musical traballando por Asturias e León. Xa en 2013, o grupo sofre un lavado de cara incorporando nas súas liñas una dianteira de 3 voces femininas e 4 músicos, cun repertorio novo e fresco que gusta a todo tipo de público e caracterizado polos seus bailes. Tamén voltan á oficina de Sito Mariño Espectáculos, que os recibe cos brazos abertos ofrecéndolles un bo ano de traballo en tempos de crise.

    Agora, xa coa temporada 2013 rematada, prepáranse para afrontar 2014, con moitos cambios para mellor, con novos compoñentes, nova montaxe e un novo repertorio sempre adaptado a todo tipo de eventos e público.

    Unha muller todoterreo

    A vocalista de ILUSIÓN embárcase agora nesta nova andaina, o cal non será complicado para ela, pois está afeita a moitas situacións boas e malas. Miluchi (recanteira de LemosTerra) é a fundadora do grupo, pero ademais de cantar e presentar, monta e desmonta o escenario e tamén é chófer do camión, sendo unha das poucas mulleres que conducen escenarios en Galicia, posiblemente a única. Ademais de cantar tamén toca a gaita e fai a procesión cando é preciso. Á parte de todo isto, aínda ten tempo de estudar e coidar da súa familia.

    Grupo Ilusión 2012 - cartel 2

    Último cartel promocional ata o momento do grupo Ilusión

    Con 27 anos, pode presumir de ter un grupo de baile adaptado a todos os públicos e que nunca defrauda nas festas, sendo avalado por representantes e comisións de festas, que non dubidan en voltar a contar co grupo ano tras ano.  A pesar de ser natural do Rosal, defende con uñas e dentes a zona que lle toca representar, LemosTerra. É amiga dos seus amigos e sempre ten un sorriso para todos. Ademais de cantar e ter o grupo, estuda e coida da súa familia. Traballadora, alegre, persistente, organizada, directa poden ser algunhas das súas calidades, que a fan especial e única.

    Desde Festa a Festa desexámoslle moita sorte!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook