Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A hostalería de Melide vai de festa

    Orquesta París de Noia 2011 - 008 - Abanqueiro (Boiro) Genma Lareo, unha das vocalistas da orquestra París de Noia / © Foto: roxegar 2011. Todos os dereitos reservados

    É a sétima convocatoria destas características en Melide. Os hostaleiros fan a súa festa anual que vai camiño dos dez anos. A cita festiva pretende convocar a multitude de veciños do concello e da comarca nunha cea previa á que se pode asistir no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide. O cuberto custa 20 € e a cea terá lugar ás 21.30 horas. Posteriormente, as orquestras FANIA BLANCO SHOW e PARÍS DE NOIA poñerán a nota musical.

    Melide afianza ano a ano esta celebración de maneira que cada convocatoria xunta a máis xente que a anterior. Desde logo con este cartel de luxo, música de baile de primeiro nivel, nesta ocasión non vai desmerecer e a afluencia será masiva; e ademais o tempo acompañará.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook