Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Gran Esmorga de Golmar, agora si

    Orquesta Trébol - 2008 - Palmeira (Ribeira)A orquestra Trébol súmase ao cartel de Golmar. A Gran Esmorga contará coa actuación de catro formacións musicais / © foto roxegar 2008

    A festa de Golmar (A Laracha) prevista para o día 31 e que tivo que ser suspendida por mal tempo terá lugar dentro dunhas horas, tal como informamos en Festa a Festa a semana pasada.

    Agora si que é a definitiva; o tempo permitirá que a macrofesta de Golmar, onde actuarán catro orquestras, se leve a cabo sen problemas. A pesar da existencia de tres grandes carpas e dúas máis pequenas, a semana pasada considerouse por parte da comisión que era mellor poñer outra data para a celebración.

    Todos os actos programados para o día 31 se manteñen nesta nova cita. A actuación de catro orquestras, a gran churrascada, a posibilidade de pasar a noite en sacos de durmir, a pouca noite que quede, enténdese, ou o sorteo para as comisións de festas que estean presentes dunha actuación gratuíta por parte dunha orquestra, entre outras sorpresas.

    O cartel de formacións musicais cambia parcialmente. No primeiro programa de Golmar estaban contratadas as orquestras LOS TROVADORES e SOLARA e os grupos TROCO e ARAMIO. Agora hai cambios necesarios para respectar as axendas das formacións: mantéñense ARAMIO e SOLARA e incorpóranse as orquestras SUPERFAMA e TRÉBOL. Coa presenza da orquestra ferrolá cremos que o cartel incluso pode gañar con respecto ao anterior.

    E para os que queden ata pasadas as tres da madrugada haberá churrasco gratis. Para os que non, os prezos son moi populares e "anticrise" e iso inclúe prezos "antibotellón" cos cubatas a só 3 €.

    Todo son facilidades en Golmar. No concello da Laracha están dispostos a "rachar coa pana". Agora só falta que o público responda, diso dependerá tamén que a festa se poida seguir organizando en próximas edicións. Tendo en conta o gasto extra que supón cambiar a data programada, se lles sumamos estes gastos aos xa comúns non resulta nada fácil xuntar os cartos para pagar as facturas. Da xente depende en boa medida que isto poida saír adiante. Pero seguro que o público non vai fallar. Boa e merecida festa!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook