Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Gorgosa leva a festa a Camboño

    Lousame 2012 - Festa da Gorgosa en Camboño - cartelAs orquestras Philadelphia e Aché amenizan a Festa da Gorgosa 2012 en Camboño (Lousame)

    A Festa da Gorgosa celébrase en Camboño (Lousame) estes días. Serán as orquestras PHILADELPHIA (17) e ACHÉ (18) as encargadas de amenizar as verbenas nocturnas e diversos grupos ofrecerán as respectivas sesións vermú durante os dous días de celebración.

    Boa oportunidade para ver dúas boas formacións musicais que están presentando as súas novidades de cara á nova temporada que se dá xa por empezada. No caso da orquestra ACHÉ hai unha importante ampliación de escenario e a estrea de nova montaxe para adornar o novo e potente repertorio.

    PHILADELPHIA tamén vai incluíndo novas cancións ao repertorio de 2012, caracterizado, principalmente, pola fichaxe dunha nova voz feminina para ocupar o lugar de Natalia Méndez (LOS SATÉLITES 2012), Sanela Ferizovic (ex CANADÁ 2011).

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook