Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Agosto
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Gala da Panorama, televisada esta noite

    Orquesta Panorama 2013 - VI Gala contra o cancro - cartel (2)

    Como cada mes de agosto, a TVG bota man dunha das citas festeiras máis importantes en Galicia: A Gala contra o Cancro da orquestra Panorama, que este ano chegou á súa sexta edición. Como todos sabedes, esta cita anual convoca a milleiros de seguidores da orquestra e da verbena en Galicia, pois non é nada común poder gozar dun espectáculo de orquestra combinado coa actuación de grandes artistas, e menos aínda que a orquestra poida ofrecer temas man a man cos invitados.

    Para quen non puidese asistir a Vilagarcía a principios do mes de maio, e tamén para os que queiran volver a revivir eses momentos, esta noite a partir das 22.00 horas na TVG ten a oportunidade de volver ver a banda caldense acompañada polos artistas que se deron cita no evento de 2013: Mónica Naranjo, Merche, Juan Magán, Bustamante ou o xa habitual Carlos Baute entre outros.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook