Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Gala contra o cancro en imaxes

    Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 44Un ano máis, publicamos unha completa galería de fotos da Gala contra o cancro organizada pola orquestra Panorama e que xa vai pola súa quinta edición / © Todas as fotografías Roxegar e P. Ponte 2012

    Traballo custou pero xa podemos publicar a galería da V Gala contra o cancro da orquestra PANORAMA, celebrada a primeira fin de semana deste mes en Vilagarcía de Arousa. Como era de esperar, o evento foi todo un éxito de convocatoria e os artistas convidados, unha vez máis, non defraudaron.

    A galería consta de 65 imaxes que queren ser un resumo visual do acontecido no recinto exterior de Fexdega aquela noite de venres, que nin sequera a chuvia foi quen de arruinar. Con esta galería e a publicada a pasada fin de semana dos montadores de OLYMPUS, xunto coa galería de festeiros de Escarabote (Boiro) damos por inaugurada a temporada en canto a galerías fotográficas se refire. Esperamos pronto poder ofrecer novos traballos de orquestras e grupos, grandes e pequenos, en cidades, vilas, aldeas ou barrios, en festas patronais, gastronómicas, da xuventude... a pesar da crise aínda podemos escoller moitos lugares que celebrarán as súas festas ata que chegue de novo o outono. E nalgunhas desas celebracións contamos estar coa cámara fotográfica para poder ofrecer traballos de calidade, ou polo menos intentalo.

    O noso agradecemento a Carlos González, técnico de PANORAMA, porque sen a súa implicación non poderiamos ter realizado esta reportaxe gráfica.

    Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 42Sen dúbida Bisbal foi un dos convidados máis ovacionado polo público

    Para acceder á galería de fotos podes clicar en calquera das dúas fotografías da entrada do blog ou ir a este slide:

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook