Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A festa exaltación do pan de Carral cumpre dez anos

    Carral 2012 - X Festa do pan - cartelCartel promocional da Festa do Pan que, como vén sendo habitual, foi elaborado por nenos do concello

    A vila de Carral celebra importantes festas e feiras como son a do queixo ou a da empanada (incluída esta última nas festas do Socorro, no mes de setembro). Por iso non é de estrañar que o produto estrela tamén teña a súa exaltación.

    Esta fin de semana ten lugar unha nova edición da Festa do Pan de Carral, e xa van dez. Entre as actividades programadas destaca novamente a Feira Medieval con espectáculos de zancudos, malabaristas, artesáns de coiro, prateiros ou esmaltes e obradoiros de soprado de vidro ou pintado de tellas entre outros moitos.

    As actividades complétanse cun obradoiro de elaboración de pan para nenos, teatro, mostras de maquinaria e artesanía, actuacións musicais polas rúas e a venda do bocadillo quente de xamón con tomate.

    Tanto o sábado coma o domingo (día central da festa) actuará o grupo ATENAS. Carral empeza a acoller as súas tradicionais festas, o primeiro en tela é o seu produto estrela: o pan.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook