Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A festa anda entre Pontecesures e Valga

    Orquesta Canadá 2012 - cartelHoxe, 17 de maio, actúan Isla, París de Noia e Panorama en Pontecesures. Mañá na Devesa (Valga) o grupo D'Moda e a orquestra Canadá presentando nova temporada

    Moitas celebracións hai estes días en terras de Iria. Se hai uns días se celebraba o Santo Isidro en Rois coa actuación da orquestra CHARLESTON BIG BAND e o xantar (o día seguinte) para os veciños, aínda que este ano pagando unha cota (cousas da crise), hoxe a festa está en Padrón (Carcacía [ver entrada específica en Festa a Festa] e tamén en Pontecesures.

    Porque Pontecesures acolle o XI Aniversario de EL SHOW DE LOS PAYASOS un ano máis. Se a pasada edición celebraban o seu X aniversario con dúas grandes orquestras, este ano serán tres as formacións musicais que despregarán todo o seu poderío no peirao da vila.

    De 17:00 a 19:00 horas haberá inchables, ás 18:00 horas merenda, a partir das 19:30 horas actuación de EL SHOW DE LOS PAYASOS acompañados por todo un elenco de grupos variados e artistas: ALGUEIRADA, XARANDEIRA, BATUKA ANPA CPI Pontecesures, Banda Municipal de Valga, ANPA CPI Pontecesures, Escola de Baile EL TOMASÓN de Ribeira, AIRIÑOS DO MEDA, MARÍA CHENLO e DANI RÍOS...

    E para cerre de aniversario espectacular e por todo o alto, actuación do grupo MIDAS e das orquestras PANORAMA e PARÍS DE NOIA.

    Pero aínda non acaba aquí a festa, porque no concello veciño de Valga, mañá, terá lugar a I Festa da Xuventude no lugar da Devesa, coa actuación do grupo D'MODA e da orquestra CANADÁ presentando por fin a esperada temporada.

    Que alegría sente un cando entre tanta crise e recorte (tamén nas festas) aínda hai xente que se atreve a organizar unha festa e botala a andar...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook