Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A familia Charleston medra para 2012

    Orquesta París de Noia - 2009 - 001 - Cambre

    A orquestra Charleston Big Band pasa a ter cinco cantantes na dianteira coa incorporación de Ruth Núñez. Na foto, a cantante na súa etapa na París de Noia / © Foto: roxegar 2009

    A orquestra padronesa CHARLESTON BIG BAND presenta as súas novidades de cara á nova temporada 2012. A oprincipal é o mantemento do actual cadro de músicos e cantantes, o cal non é pouco dados os tempos que corren e o vaivén de fichaxes que se está dando nas últimas semanas. Pero a orquestra máis famosa de Padrón non é moi dada aos cambios; xa nas últimas temporadas poucas foron as entradas e saídas na orquestra. A máis importante destas últimas edicións foi, sen dúbida, a fichaxe de Raúl Paz no lugar de Sergio Corral.

    Pois de cara ao próximo ano non se esperan cambios nos actuais compoñentes da orquestra, o que non significa que non haxa unha novidade importantísima, e é que en CHARLESTON BIG BAND 2012 veremos unha cantante máis no escenario. Os actuais membros da dianteira pasarán a ser un máis, e así a Rita Barreiro, Raúl Paz, Fran Pahino e Suso Lapido súmaselle Ruth Núñez, recoñecida cantante que, ademais, non se vai sentir estraña no escenario xa que formou parte da orquestra noutras etapas.

    Ruth formou parte de numerosas orquestras de recoñecido prestixio, entre elas a PARÍS DE NOIA ou LAMAS (2010) e na última temporada integrou o trío MEIGAS xunto con Ana Iglesias e Patricia Iglesias (as dúas ex COMPOSTELA) ademais de poderse ver nunha substitución na orquestra PANORAMA e noutra máis curta en CICLÓN.

    Orquesta París de Noia - 2009 - 002 - CambreRuth Núñez incorpórase á dianteira dunha formación musical na que xa estivo en solitario. Desta volta acompañará a Rita Barreiro, voz destes últimos anos na orquestra padronesa / © Foto: roxegar 2009

    Pero a incorporación da carismática cantante non é a única novidade en CHARLESTON BIG BAND 2012. Haberá nova e espectacular montaxe integrada nun escenario máis grande, e novo repertorio; ademais, a orquestra tamén estreará equipo de son e aínda quedará algunha sorpresa máis para un ano que se espera sexa bo neste tempo de crise.

    A nova temporada de CHARLESTON BIG BAND vén cargada de novidades e promete depararnos moitas noites de festa, de boa festa, tal e como nos teñen afeitos os amigos padroneses. En breve a CHARLESTON comeza outra nova etapa...

    orquesta-charleston-big-band-2012-foto-ruth-nunez

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook