Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A Coruña recupera as verbenas de San Xoán

    Palladium 2012 - orquesta - cartelA orquestra Palladium actúa esta noite no parque de Santa Margarita dentro do programa das festas de San Xoán

    Despois de varios anos sen verbena polo San Xoán A Coruña recupera unha tradición que se fora perdendo nos últimos anos. Nas inmediacións da praia de Riazor desde sempre o día de San Xoán foi moi celebrado, con verbenas ese día e atraccións de feira instaladas na praza de Portugal. Ambas características destas festas se foron perdendo durante os primeiros anos de 2000 ata desaparecer nestes últimos anos. Pero parece que esta tradición pode volver a darse na Coruña, ou polo menos este ano así será, porque a música de verbena volverá estar presente por estas datas na cidade herculina, e ademais por partida dobre.

    Porque se o programa festivo comezaba onte na praza de María Pita coa actuación en concerto de MIKEL ERENTXUN, SINIESTRO TOTAL e LOS SECRETOS, unha actuación patrocinada pola Fnac para celebrar o Día Europeo da Música, hoxe os ritmos verbeneiros chegan á cidade da man da orquestra PALLADIUM que actuará a partir das 21.00 horas no auditorio ao aire libre do parque de Santa Margarita como colofón a unha sardiñada que terá lugar no mesmo lugar desde pola tarde.

    E aquí non remata a programación festeira, porque a orquestra PARÍS DE NOIA será a encargada de actuar na Noite da Queima na Cidade Meiga. Nas inmediacións da praia de Riazor a orquestra noiesa actuará en dous pases só interrompidos pola queima da falla e a gran sesión pirotécnica programada para as 12 da noite.

    A_Coruña_2012_-_Festas_de_San_Xoán_-_cartelCartel anunciador do San Xoán coruñés, declarado de Interese Turístico Nacional

    Hai intención por parte do Concello de continuar nas próximas edicións ofrecendo un programa festivo para todos os públicos onde a música en xeral e particularmente a de verbena recuperen o lugar que tiveron antano nestas festas. Desde logo pode axudar moito se o día de San Xoán en 2013 volve ser festivo. Polo momento parece que a recuperación destas festas ampliando os días e recuperando as verbenas vai por bo camiño; non en van o San Xoán coruñés é famoso en toda a Península.

    París de Noia 2012 - orquesta - cartelA gran festa do día 23 na coruña leva nome propio: orquestra París de Noia

    No seguinte enlace podes consultar todo o programa das festas do San Xoán 2012 na Coruña

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook