Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A chuvia non pode co Planet Tour 2011 de Panorama en Cangas

    Cangas 2011 - Festas do Cristo - cartel

    Diversas orquestras están actuando estes días nas festas de Cangas do Morrazo: Ceniza, Limón, Sintonía de Vigo, Miramar, Panorama, Canela e Magos de España. Celebracións do Cristo do Consolo ata o próximo sábado

    Contábase cunha asistencia multitudinaria pero, unha vez máis, a orquestra PANORAMA bate de novo marcas de asistencia. Milleiros de persoas, a pesar da chuvia, acudiron a Cangas do Morrazo esta noite para presenciar a actuación dunha das orquestras máis mediáticas do momento. A predicción do tempo e a chuvia caída durante todo o día non amedrentaron aos milleiros de persoas que se plantaron na festa para pasar unha boa noite coa música do Planet Tour 2011 de PANORAMA. O Paseo de Castelao quedou pequeno para acoller a multitude de persoas que corearon todos os temas da banda e aguantaron, moitas delas, ata o final da actuación.

    Pero as festas de Cangas non rematan ata o sábado. Aquí tes o máis salientable do programa para os tres últimos días de festas:

    Xoves 1 setembro: Festival Pop-Rock con SLEY, DOS PELOS NEGROS e A TARANTELA RABUDA.

    Venres 2 de setembro: 22.30h; actuación da TUNA RASTAFARI.

    Sábado 3 de setembro: 19:30h; Batallas de Flores; II Festival Kanekas Metalfest con VIOLENT EVE e KATHARSYS; orquestra MAGOS DE ESPAÑA e grupo CANELA.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook