Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Febrero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A axencia Sito Mariño Espectáculos xa está presente na rede

    sito-marino-espectaculos-presentacion-blog

    Unha das axencias de espectáculos máis potentes de Galicia, Sito Mariño Espectáculos, desde Arzúa, xa está presente na rede de maneira importante, e máis que o vai estar. A empresa que leva orquestras tan nomeadas como LOS SATÉLITES, TRÉBOL, CAPITOL ou COMPOSTELA entre moitas, xa presenta en formato blog un espazo para estar máis informados sobre as orquestras e grupos incluídos no seu catálogo. E dicimos que aínda o vai estar máis porque o blog de Sito Mariño é só o adianto dunha potente páxina web que promete manternos continuamente actualizados sobre moitos dos grupos musicais e orquestras importantes da nosa terra.

    Polo momento podemos visitar o blog onde haberá cada semana unha orquestra destacada; a semana anterior foron LOS SATÉLITES e esta, LOS TROVADORES. Ademais, cada mércores cólganse no sitio as actuacións programadas de todas as formacións musicais da axencia. Tamén hai algúns vídeos de orquestras así como os enlaces as páxinas web e blogs dalgunhas formacións musicais. Un apartado importante é o de contacto, onde os visitantes poden deixar suxestións ou formular as súas preguntas sobre as orquestras da axencia.

    A axencia arzuana é unha das máis importantes de Galicia, situándose ao carón doutras tamén ben coñecidas como Alfa3 Producciones ou Espectáculos Lito. Entre as tres ofrecen a maioría de orquestras e grupos musicais de Galicia e teñen na rede un bo soporte de publicidade para os seus catálogos. Ademais do novo blog (e no futuro a nova web), a axencia de Sito Mariño tamén está presente na rede social Facebook.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook