Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Febrero
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A auga estraga o Entroido

    Poio 2013 - Entroido - cartelA orquestra Jerusalén era a encargada de amenizar o Entroido de hoxe en Poio, que foi suspendido pola climatoloxía

    A climatoloxía volve pasar unha mala xogada ás festas en Galicia. Desta volta o Entroido estase a ver afectado pola auga e o vento que sopra con forza en distintos puntos da Comunidade galega. O Concello de Caldas de Reis vén de adiar os actos do Entroido programados para hoxe, que terán lugar nunha data próxima que se publicará na web do Concello. En Teo tamén se suspenderon os actos, primeiro os da mañá e despois os de todo o día; e no caso de Redondela, suspéndense os actos por segundo día consecutivo.

    Tampouco se libra Salceda de Caselas. O Concello entroideiro por excelencia, con verbena hoxe na capital do municipio e mañá en Castro Barreiro e A Feira tamén apraza todos os actos de hoxe ata o vindeiro domingo. Alí haberá que agardar ata o día 17 para o desfile de comparsas e carrozas así como a verbena da man dos grupos ILUSIÓN e YUKATÁN.

    O mércores 13 é a data decidida para trasladar os actos de Marín. O mércores de cinza terán lugar todas as actividades que estaban programadas para hoxe.

    En Poio tamén quedarán sen actos. A orquestra JERUSALÉN era a encargada de amenizar hoxe o Entroido no concello pontevedrés. Haberá que esperar a outra data.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook