Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Febrero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    A alerta por temporal suspende as festas de campo en Galicia

    temporalMoitas festas de exterior previstas para esta fin de semana están sendo suspendidas a causa da alerta vermella por forte temporal que parece que sufriremos nas próximas horas. O carnaval de Rois ou as actuacións da orquestra ACHÉ para o sábado e o domingo son só algúns exemplos.

    Para saber con certeza se hai festa ou non naquel lugar programado para mañá e pasadomañá, recomendamos visitar as webs das distintas orquestras. En principio as suspensións non afectan ás discotecas nin restaurantes, só as verbenas de exterior, pero para maior seguridade recomendamos buscar a información nas páxinas das distintas formacións musicais e salas de festa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook