Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    5 anos festa a festa

    FESTA A FESTA 5 ANIVERSARIO

    Estamos de aniversario. O tempo pasa rápido de máis e xa fai cinco anos, exactamente hoxe, que emprendiamos esta aventura festeira con moitas ganas e pouco tempo. Nestes cinco anos de altibaixos, por que non dicilo, de semanas en que non podiamos publicar apenas nada e outras nas que con algo máis de tempo saía adiante o blog, vídeos e fotos, percorrín moitos campos de festas, cheguei a lugares descoñecidos para min ata o momento, coñecín xente do mundo das orquestras, paseino en grande moitas veces e outras papei algún disgusto coas cámaras de vídeo e fotos, etc... moitas aventuras que quedan no meu recordo para sempre e que espero seguir gozando delas en compañía da fotógrafa oficial de Festa a Festa, Pilar Ponte A profa.

    É moito o traballo que custa sacar adiante unha páxina pequena como Festa a Festa, pero todo ese traballo se ve compensado polo máis de medio millón de visitas ao blog durante estes cinco anos e case outro medio millón á nosa conta de Flickr con máis de 400 afiches de orquestras, centos de carteis de festas e galerías de orquestras, que intentamos coidar ao máximo para a súa difusión.

    Queremos dedicar unha mención especial a todos os compañeiros das demais páxinas e plataformas festeiras que coma nós invisten moito tempo, traballo, cartos... por sacar adiante unha afección, de modo altruísta, especialmente aos compañeiros da recentemente desaparecida plataforma Pasión Orquestas, aos incansables amigos de Orquestas.tk e como non para os de Galicia en Festas, especializados actualmente nas redes sociais.

    E agora toca desexar outros cinco anos de festas, polo menos, desde este humilde blog, esperando poder sacar adiante novas galerías de fotos, vídeos, noticias, etc... intentando achegar o noso apoio ás festas de Galicia, ás xentes que viven de e para as festas, e ás orquestras e grupos verbeneiros da nosa terra, mirados con respecto e admiración desde todos os territorios de Iberia. Non é para menos, estamos a falar do país das mil festas e das mellores orquestras e grupos.

    Moitas grazas a tod@s por seguirnos durante todo este tempo. Vémonos nas festas!!!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook