Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Febrero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    2x1 en Gran Parada

    Orquesta Gran Parada 2011 - Ana Legido

    Ana Legido é unha das dúas novas incorporacións na orquestra rianxeira Gran Parada

    A orquestra GRAN PARADA acaba de informar recentemente dun cambio importante na súa dianteira. Miguel Caldas abandonou a formación musical para incorporarse ás filas de SOLARA 2011. A orquestra rianxeira aproveita o cambio de vocalista para reforzar tamén as voces femininas, e ante unha despedida presenta dúas incorporacións: Pedro Conde (ex TANGO) pasará a ocupar o lugar de Miguel e para reforzar a dianteira feminina con Mónica Ordás ficha a Ana Legido (ex D'MODA).

    As dúas importantes incorporacións reforzarán a dianteira da grande orquestra de Rianxo e así poderemos gozar de dúas cantantes como en moitas das denominadas grandes formacións galegas.

    Pedro Conde estivo estas últimas temporadas na orquestra TANGO, onde tamén traballou Ana Legido antes de aterrar en D'MODA. Tamén traballou Ana na desaparecida orquestra COLORES. A súa profesionalidade incuestionable daralle un novo toque e un novo aire a GRAN PARADA, orquestra que vai destacar especialmente na parte vocal feminina, pois Mónica Ordás está considerada por moitos unha das mellores voces actuais de orquestra en Galicia.

    O próximo sábado faranse efectivas as incorporacións e será a primeira cita festiva coa nova GRAN PARADA 2011.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook