Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Diciembre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    25 orquestras en maratón

    nova-hexagono-maraton-de-orquestras-2010-cartel

    Por segundo ano consecutivo a sala luguesa NOVA EXÁGONO ofrece esta curiosa iniciativa que congrega nun espectáculo inigualable a 25 das mellores orquestras de Espectáculos Lito que actuarán case que ininterrompidamente durante os días da ponte da Constitución.

    A orquestra MIRAMAR será a primeira en subir ao escenario de Nova Hexágono e despois de dúas horas de espectáculo e boa música dará paso á segunda, SALSA ROSA, e así ata a número 25, a PARÍS DE NOIA que cerrará o II MARATÓN DE ORQUESTRAS.

    A partir das 20.00 horas de hoxe sábado a festa está servida na discoteca de Lugo. Vinte e cinco orquestras que actuarán cada unha delas durante dúas horas e con só un descanso de 15 minutos entre cada unha delas. A entrada só custa 6 euros e pódese entrar ou saír a calquera hora do día ou da noite.

    Unha das iniciativas verbeneiras máis orixinais das que se organizan por parte dunha sala de festas en Galicia. 25 orquestras en maratón durante catro días e case sen descansos.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook