Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    12 + 1 carteis novos de orquestras e grupos para 2013

    Aché 2013 - orquesta - cartel

    Recordando o nome da xira da orquestra ACHÉ para a nova temporada, presentamos hoxe acabados de saír 13 carteis de orquestras para o novo ano verbeneiro que xa comeza. A primeira impresión que tiramos ao ver os novos afiches é que desta volta son moito máis simples, cunha elaboración moito máis sinxela na maioría dos casos. Vese que neste apartado a maioría de orquestras tenden a conter o gasto que implica unha sesión fotográfica e todo o traballo de atrezzo para sacar adiante os carteis tan elaborados como os da pasada temporada.

    Trece son os carteis que presentamos hoxe, á espera de que aínda faltan moitos. Algúns outros que xa fomos presentando pódelos ver na nosa páxina de Flickr clicando en calquera dos carteis desta entrada ou no apartado Fotos recentes.

    Aramio 2013 - grupo - cartel Chicas Show 2013 - orquesta - cartel D'Moda 2013 - grupo - cartel El Combo Dominicano 2013 - orquesta - cartel Estrellamar 2013 - orquesta - cartel Fin de Siglo 2013 - orquesta - cartel Madeira 2013 - orquesta - cartel Orquesta Millenium 2013 - cartel Nueva Libertad 2013 - grupo - cartel Grupo Pikante 2013 - cartel Orquesta Sintonía de Vigo 2013 - cartel Venezia 2013 - orquesta - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook