Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    'Operación quilo' no campo da festa

    Barro 2014 - II Gala Solidaria en Curro - cartel

    Estamos afeitos ultimamente a colaborar en distintas actividades solidarias consistentes en doar comida para os máis desfavorecidos. As diferentes asociacións e ONGs apoiadas sobre todo polas cadeas de supermercados e hipermercados organizan este tipo de axudas. No campo da festa, e por segundo ano, tamén podemos colaborar deste xeito, doando produtos non perecedoiros: pasta, azucre, legumes, comida en lata, conservas, leite en brick, etc...; é a forma que teñen en Curro (no concello pontevedrés de Barro) de organizar un evento festeiro e ao mesmo tempo recadar comida para os que máis o necesitan esta tarde noite de domingo: II Gala Música por alimentos.

    Desta volta son os grupos AMÉRICA e ARAMIO os encargados de poñer a música, acompañados por unha das grandes orquestras do momento: OLYMPUS. As tres formacións musicais ofrecerán horas de música, baile e diversión e os festeiros, á súa vez, poderán doar alimentos no campo da festa.

    Ademais, a fin de festa está garantida por parte de Radio Líder, os DJ Marcos Magán e DJ SON1C.

    Todo está preparado en Curro para unha nova edición que pretende levar moita música para os festeiros e moita comida para os que máis o necesitan. Oxalá non fose necesario organizar este tipo de iniciativas, pero a realidade é a que é, e por iso desexamos que hoxe os organizadores contabilicen milleiros de quilos de comida e incrementen as cifras acadadas na primeira edición.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook