Blog 
ALGO MAIS QUE ROCK&ROLL
RSS - Blog de oscar martinez martinez

El autor

Blog ALGO MAIS QUE ROCK&ROLL - oscar martinez martinez

oscar martinez martinez

UN PAISANO QUE ENVEJECE CON LOS AÑOS, AMANTE DE LA BIRRA Y LA "BUENA" MÚSICA.

Sobre este blog de Sociedad

UN XIRO MAIS O MEU BLOG... : EFECTIVAMENTE NON TODO VAI SER ROCK&ROLL, PERO ÚLTIMAMENTE PARA ESQUECERME DOS PROBLEMAS QUE NOS RODEAN A TODOS, EU ATOPEI NO MUNDO DO ROCK&ROLL A MIÑA VÍA DE ESCAPE. . ...


Archivo

  • 23
    Febrero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    TEMPOS PASADOS, TEMPOS MELLORES

     Onte paseando por Vigo , coa miña cámara a costas, fixen un par de fotografías que me sorprenderon inda mais cando as mirei despois de sacalas que cando estaba apuntando co obxetivo. Estaba agardando o lado dunha tenda de marca mentras a miña moza mercaba algunha cousiña, cando o  mirar de frente dinme conta de como estaba abandonado esta antiga sala de xogos, comecei a recordar cando no  fai moitos anos miraba como os guiris que chegaban nos transatlánticos entraban en pantalón curto e chanclas a votar unhas partidiñas. Recordo como era cando tiña luz de cores, e os cristais negros  inictábante a achegarte pra ver se ollavas algo. Pero non lembro cando comezou a ser abandoado e iso preocúpame, porque paso moi amiudo por esta rúa e doume conta que coma outros moitos transeuntes eu tamén estiven abducido polos escaparates ou sabe deus que.

    Agora cando observo a fotografía tamén recordo que os meus avós, eles sempre falaban:" que ven se vive agora, que mal o pasamos coa fame e...." . Eles xa non están aquí, pero eu agora escoito a xente decir:"que ben se vivía antes, agora o soldo non chega para nada". 

    O vello da foto ollando a través da verxa parece preguntarse o mesmo: ¿antes ata  tíñamos pra xogar unha partida, agora nin o salón está aberto"

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook