Blog 
ALGO MAIS QUE ROCK&ROLL
RSS - Blog de oscar martinez martinez

El autor

Blog ALGO MAIS QUE ROCK&ROLL - oscar martinez martinez

oscar martinez martinez

UN PAISANO QUE ENVEJECE CON LOS AÑOS, AMANTE DE LA BIRRA Y LA "BUENA" MÚSICA.

Sobre este blog de Sociedad

UN XIRO MAIS O MEU BLOG... : EFECTIVAMENTE NON TODO VAI SER ROCK&ROLL, PERO ÚLTIMAMENTE PARA ESQUECERME DOS PROBLEMAS QUE NOS RODEAN A TODOS, EU ATOPEI NO MUNDO DO ROCK&ROLL A MIÑA VÍA DE ESCAPE. . ...


Archivo

  • 28
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    RINCÓNS OCULTOS "PRAZA DOS CABALOS"(VIGO)

     Onte foi o meu segundo día vacacional, así que unha vez mais decidín saír a rúa e disfrutar paseando pola cidade. Mañán imos facer unha breve viaxe a Burdeos  cidade francesa situada a veira do río Garona.... xa vos contarei que tal a experiencia.

    Como vos decía, onte coma sempre que podo saín a disfrutar da cidade e as suas xentes, tras facer un pequeno recorrido por algúns recunchos , rematei sentado nun vello banco de madeira a carón da Praza de España, ou como lle chaman algúns: Praza dos Cabalos. Pola presencia da  escultura de bronce dunhas 40 toneladas e 18 metros de altura que representa  a cinco cabalos ascendendo por unha torrente de auga, a obra esculpida po lo artista Xoan Xosé Oliveira é un dos actuaís símbolos representativos da cidade de Vigo.

    Preto de mín unha parella de anciás falaban sobre anos pasados, como querendo esquecer o presente. Recordaban cando o único edificio que destacaba  en toda a cidade pola súa altura era o Hospital Xeral, e ún deles dixo: "agora ata os cabalos parecen mais altos co Xeral".... Entón saquei a cámara de fotos e mentras eles dous miraban hacia min con cara de "este está tolo".....  éu intentei captar esa imaxe da que falaban... os cabalos mais altos co Xeral.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook