Blog 
ALGO MAIS QUE ROCK&ROLL
RSS - Blog de oscar martinez martinez

El autor

Blog ALGO MAIS QUE ROCK&ROLL - oscar martinez martinez

oscar martinez martinez

UN PAISANO QUE ENVEJECE CON LOS AÑOS, AMANTE DE LA BIRRA Y LA "BUENA" MÚSICA.

Sobre este blog de Sociedad

UN XIRO MAIS O MEU BLOG... : EFECTIVAMENTE NON TODO VAI SER ROCK&ROLL, PERO ÚLTIMAMENTE PARA ESQUECERME DOS PROBLEMAS QUE NOS RODEAN A TODOS, EU ATOPEI NO MUNDO DO ROCK&ROLL A MIÑA VÍA DE ESCAPE. . ...


Archivo

  • 07
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    MARISQUEIRAS DE MOAÑA E MEIRA

    Estos días onde as noticias  mais importantes son : a boda da duquesa de Alba, o que se embolsaron exdirectivos dos nosos bancos (diñeiro do pobo para o seu peto sen contemplación), a morte de Steve Jobs , e...... decidín ausentarme de todo e simplemente deixarme ir.

    Tras volver do meu viaxe a Francia  aproveitando que a miña moza está traballando en Hio, saquei de paseo a miña cámara de fotos para retratar algúns actos da vida cotiá. Xentes que simplemente se dedican a seguir o seu camiño, a traballar, e sen moitas mais espectativas (que xa son bastantes)  que manter os fillos e ir aforrando uns cartos por se algún  destos días  poden marchar e  facer unha escapadiña, ou para facer unha reforma na casa.... xentes das nosas vilas.

    O mércores crucei a ría de Vigo en barco, estiven paseando por Cangas e o final rematei en Moaña. Na praia de Moaña a marea baixa presaxiaba un bo día para as mariscadoras. Facía moito tempo que non me sentía tan agusto nunha praia, rodeado de mulleres traballadoras, agachando o lombo mentras as augas do noso mar lle chega ata os xeonllos. 

    Mentras unhas apañaban o marisco, outras o lonxe ían sementando. Poiden escoitar e disfrutar das suas conversas, das suas protestas. Darme conta do pouco aprecio que lle damos o seu traballo.

    As mariscadoras teñen unha taréa moi dificil hoxe en día en Galicia, e non é soio a faceta de sementar e apañar o marisco, se non o ter que estar 24 horas vixiando os bancos marisquieros, para que os turistas e  furtivos non lles rouben o seu pan de cada día. Mal vamos na Nosa Terra, cando unha muller traballadora ten que enfrentarse cun descoñecido a pé de praia para defender o seu sustento.

    Decicado con cariño as mariscadoras de toda Galicia, pero neste caso especialmente as de Moaña e Meira...

     

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook