Blog 
ALGO MAIS QUE ROCK&ROLL
RSS - Blog de oscar martinez martinez

El autor

Blog ALGO MAIS QUE ROCK&ROLL - oscar martinez martinez

oscar martinez martinez

UN PAISANO QUE ENVEJECE CON LOS AÑOS, AMANTE DE LA BIRRA Y LA "BUENA" MÚSICA.

Sobre este blog de Sociedad

UN XIRO MAIS O MEU BLOG... : EFECTIVAMENTE NON TODO VAI SER ROCK&ROLL, PERO ÚLTIMAMENTE PARA ESQUECERME DOS PROBLEMAS QUE NOS RODEAN A TODOS, EU ATOPEI NO MUNDO DO ROCK&ROLL A MIÑA VÍA DE ESCAPE. . ...


Archivo

  • 07
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Manifestación polo empleo en Vigo

     Onte coma moitas mañáns de Domingo decidín dar unha volta pola cidade. Esta vez acompañado da  miña irmán, a cal tiña pensado levar de visita a O Marco, para disfrutar dalgunha das suas exposicións. Mentras íamos camiñando comezamos a escoitar a o murmullo das xentes, e de súpeto observamos como por Urzaiz baixaba unha gran manifestación.

    Miles de persoas unidas unha vez mais pola defensa do traballo xusto, en contra da expeculación empresarial, en contra da manipulación da mal chamada falsa crise..... Non o dudamos e nos xuntamos a gran manifestación para por o noso gran de aréa.

    Chamoume moito a atención unha cousa, a xuntanza dos tres grandes sindicatos: UGT,CCOO e CIGA por primeira vez xuntos da man. Este que vos escribe pregúntase: ¿daríanse conta dunha vez que indo por separado o sindicalísmo no noso país non é nada?... soio falta que algún día deixen de ser partidistas pero creo que iso non sucederá na vida. Moitos dos que camiñamos nunha manifestación a pro do emprego ou ... non nos sentimos sindicalistas, simplemente somos xentes que intentamos defender os nosos ideais, ou apoiamos unha reclamación que cremos que é xusta.

    A simpatización polos sindicatos foi o traste durante estos anos, causa principal das súas discrepancias entre sí, e da sua pasibidade  mentras as xentes reclamaban unha e otra vez un paro xeral neste país... Agora saen a rúa, as xentes tamén saímos, pero no medio das manifestacións séguese  escoitando ese murmullo de discrepancia  contra as plataformas sindicais.....

     

    De todos modos con ou sen sindicatos os cidadáns temos que loitar polos nosos dereitos, os cales pouco a pouco vanse reducindo pola falsa crise.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook