Blog 
ALGO MAIS QUE ROCK&ROLL
RSS - Blog de oscar martinez martinez

El autor

Blog ALGO MAIS QUE ROCK&ROLL - oscar martinez martinez

oscar martinez martinez

UN PAISANO QUE ENVEJECE CON LOS AÑOS, AMANTE DE LA BIRRA Y LA "BUENA" MÚSICA.

Sobre este blog de Sociedad

UN XIRO MAIS O MEU BLOG... : EFECTIVAMENTE NON TODO VAI SER ROCK&ROLL, PERO ÚLTIMAMENTE PARA ESQUECERME DOS PROBLEMAS QUE NOS RODEAN A TODOS, EU ATOPEI NO MUNDO DO ROCK&ROLL A MIÑA VÍA DE ESCAPE. . ...


Archivo

  • 28
    Enero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    FOLGA XERAL OU PARCIAL

    Onte na nosa terra fíxose  Folga Xeral, evidentemente a xente non fae falta que lles preguntes que pensan da situación  actual. Todos dirán o mesmo: que o governo estanos afogando lentamente con tanto recorte social , con tanto regalo que lles fae as grandes empresas e bancos, aquí o único que perde é o de a pé. Pero así como están descontentos co governo , tamén están descontentos cos mal chamados sindicatos obreiros, esos que decidiron tarde mal e a rastro saír a rúa, cando xa estaban aprobados os recortes, cando a os funcionarios xa decidiran quitarnos parte do noso soldo para unha axuda social , axuda social que retiraron en poucos meses, ah, pero inda nos seguen quitando parte  do noso soldo, que no meu caso é mil eurista (traballo na sanidade). 

    A xente pode ir a unha maifestación, pero o que ten claro e que non deixa de traballar por unha folga... ¿que non se entende? pois eu entedo claramente a xente que non secunda nestes intres.... é tan simple como un caso de supervivencia: secundar unha folga hoxe en día supón que te quitan máis do que gañas nun día de traballo (90 euros por exemplo), aparte de perder o día cotizado, e ademáis do medo a ser despedido dun modo u outro.

    Onte saín a rúa e puden comprobar como o kiosko estaba aberto, o supermercado grande e a tenda pequena, evidentemente as caixas e bancos (esos si que non pechan non), a panadeira, o da ONCE, o dentista, a ferretería, os chinos, e....... No colexio escoitaba os nenos xogar no patio. Papeis co eslogan "servicios mínimos" nos taxis e autobuses. No Meixueiro notábase tamén que secundaran bastante xente, e supoño que na gran industría, non o sei. O único que poiden comprobar e que os de a pé ,estaban na rúa traballando e non por estar en contra da Folga, se nón por supervivencia, inda que coste entendelo e a mín costoume. Creo que hoxe en día pra poder sacar a xente a rúa tería que ser un fín de semán, e saería todo o  mundo, soio con eslogans de :"estamos fartos" "queremos benestar e non represion" "mais soldo, mais axuda e menos recortes socias" "¿onde está o diñeiro do pobo que o governo lles deu os bancos?".....  

    Non sei realmente como tanto o governo como os sindicatos  lograron adormecer a sociedade, como conseguiron que un pobo acostumado a loitar polos seus dereitos laborais rematou sendo un pobo conformista..... nunca mellor unha frase galega podería explicar o sentimento da xente . "Malo será"!

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook