Blog 
ALGO MAIS QUE ROCK&ROLL
RSS - Blog de oscar martinez martinez

El autor

Blog ALGO MAIS QUE ROCK&ROLL - oscar martinez martinez

oscar martinez martinez

UN PAISANO QUE ENVEJECE CON LOS AÑOS, AMANTE DE LA BIRRA Y LA "BUENA" MÚSICA.

Sobre este blog de Sociedad

UN XIRO MAIS O MEU BLOG... : EFECTIVAMENTE NON TODO VAI SER ROCK&ROLL, PERO ÚLTIMAMENTE PARA ESQUECERME DOS PROBLEMAS QUE NOS RODEAN A TODOS, EU ATOPEI NO MUNDO DO ROCK&ROLL A MIÑA VÍA DE ESCAPE. . ...


Archivo

  • 21
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    EXPOSICIÓN "VIRXILIO VIEITEZ"

     Datas: 22 outubro 2010 - 24 abril 2011

    EXPOSICION "VIRXILIO VIEITEZ"

    Lugar: salas de exposición da planta baixa
    Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 15.00

    Para os amantes tanto da fotografía como da nosa cultura galega, as nosas xentes, o noso pasado, temos unha gran noticia , xa que  este  ano 2010 conclúe con outra gran exposición na planta baixa do MARCO. Dous anos despois da morte de Virxilio Vieitez (Soutelo de Montes, Pontevedra, 1930-2008), no mes de outubro inaugúrase no MARCO a esperada retrospectiva deste xenio da fotografía que, ao igual que outros grandes fotógrafos, revolucionou para sempre o modo de captar e percibir a realidade. A existencia dun importante arquivo familiar que garda a totalidade da súa produción, fará posible unha investigación a fondo. Ademais dos traballos máis coñecidos de Vieitez, presentaranse obras inéditas, como fotografías en cor e vintage, nunha selección comisariada pola italiana Enrica Viganò, especialista en fotografía histórica. Coproducida coa Fundación Telefónica, a exposición poderá verse despois nas renovadas salas desta institución en Madrid, para viaxar máis tarde a outras cidades..

    En definitiva un home da terra que sen mais un día colleu unha cámara , comezou a sacar fotos das xentes e do que lle rodeaba, e rematou sendo un exemplo para moitos, pola sua peculiar forma de encadrar a imaxe e de apreciar mais alá dunha escea cotidiá.

    Para mais información sobre a sua obra entra nesta páxina, un saudo.

    http://www.quesabesde.com/noticias/exposicion-virxilio-vieitez-photoespana-2009,1_5466

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook