Blog 
ALGO MAIS QUE ROCK&ROLL
RSS - Blog de oscar martinez martinez

El autor

Blog ALGO MAIS QUE ROCK&ROLL - oscar martinez martinez

oscar martinez martinez

UN PAISANO QUE ENVEJECE CON LOS AÑOS, AMANTE DE LA BIRRA Y LA "BUENA" MÚSICA.

Sobre este blog de Sociedad

UN XIRO MAIS O MEU BLOG... : EFECTIVAMENTE NON TODO VAI SER ROCK&ROLL, PERO ÚLTIMAMENTE PARA ESQUECERME DOS PROBLEMAS QUE NOS RODEAN A TODOS, EU ATOPEI NO MUNDO DO ROCK&ROLL A MIÑA VÍA DE ESCAPE. . ...


Archivo

  • 11
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    CONSERVEIRA "MASSO" EN CANGAS

     

     Levo uns cantos días dando voltas e voltas por Vigo e os seu redores, de vacacións e coa cámara ao lombo. Dende fai anos sempre quedei prendido das grandes construccións industriais que hai o redor da ría de Vigo, imaxínome a cantidade de xentes que se achegarían día tras día en diversos turnos de traballo ateigando as diversas factorías tanto conserveiras  como ......,. Mulleres e homes traballando xuntos na década dos 70-80, un exemplo claro de progreso que de súpeto quedou en ruínas, unhas ruínas que hoxe en día lémbranos a consecuencia da actuación das mal chamadas "crises económicas".

    Acontinuación deixo unha breve explicación de como funcionaba esta gran estructura conserveira. Dita información podes atopala na seguinte páxina: http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/150

     

     

    Construcción:

    1937
    Abandono:
    1996
    Descrición:

    Polo xeral as fábricas de conservas de peixe, igual que os almacéns de salga, foran edificadas na mesma liña do mar, próximos á beira, en enseadas ó abeiro e de acceso doado para as pequenas embarcacións que descargaban a sardiña. De non contaren con porto construíanse pequenos peiraos ou unha sinxela rampla de atraque.

    A meirande parte das conserveiras consta unicamente dunha planta baixa disposta en forma rectangular, cunhas dimensións variables de ata vinte metros de fachada e corenta metros de fondo, aínda que ás veces, pola fasquía do solar, a fachada era a parte máis longa do edificio. A construción das conserveiras máis antigas facíase con pedra de gra na cantería, vaos de portas e ventás, e mailos esquinais, e cachotería nas paredes, con cuberta a dúas augas con tella do país. Edificacións máis recentes teñen as paredes de ladrillo e as cubertas de chapa ondulada de fibrocemento (“uralita”).

    O interior da fábrica tiña normalmente as oficinas separadas do resto da zona de traballo, e nesta distinguíanse cinco partes principais: a zona de limpeza e eviscerado do peixe; a zona de e cocción, en grellas ou enlatadas; a zona de empacado e peche; a zona de esterilizado e limpeza de latas; e a zona de estoxado e empaquetado para expedición.

    Algunhas fábricas tiñan tamén unha sección de carpintería para a preparación de caixas de madeira, así como un taller mecánico para a elaboración dos envases metálicos e a reparación da maquinaria.

    Nalgúns casos, unha vivenda construída nas proximidades da fábrica se destinaba para vivenda do encargado e a súa familia.

    No caso da fábrica de conservas de Massó en Cangas –unha das primeiras grandes construcións en formigón armado–, o conxunto era realmente un completo complexo industrial, como se ten dito: fábrica de conservas; fábrica de envases; varadoiros de reparación da frota pesqueira, tanto propia como allea; talleres de carpintería de ribeira; talleres de albanelería e pintura; forxa e taller mecánico para a construción de maquinaria de deseño propio; cámaras frigoríficas e fábrica de xeo; instalacións para a elaboración de fariñas e aceites de peixe. Todo un emporio fabril que proporcionaba emprego a máis de mil cincocentas persoas, homes e mulleres.

     

    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook